La Toffana / Vanessa Montfort
por Montfort, Vanessa (1975-) [autor/a]
.
Tipo: 



Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Dispoñibilidade | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | CEIP Plurilingüe Irmáns Villar Sala préstamo | 82-N MON tof | Dispoñible | OEC012000002805 |
|
Premio Primavera de Novela 2025
«Leváronse á Toffana! Liberdade para a Toffana!», gritan as mulleres polas rúas da Roma do Papado, Cidade Eternamente corrupta e en plena revolución artística e galileica. É febreiro de 1658 e Giulia Toffana, boticaria, filla da alquimista Theophania D’Adamo, a súa propia filla Gironima Carrozzi, a Astróloga da Lungara, e a súa amiga da alma Giovanna De Grandis, antiga prostituta, son escoltadas pola garda do Santo Oficio para ser interrogadas tras abandonar a protección do convento que as refuxiaba. Stefano Bracchi, un inquisidor novo e profesional, será o encargado dun caso que pode supoñer o seu ascenso no Vaticano. Por que este despregamento? Giulia, tras a inxusta morte da súa nai, pronunciou na súa Palermo natal un xuramento: dedicaría a súa vida para axudar ás novas condenadas a casar aos catorce con homes que lles triplican a idade e a parir un fillo tras outro ata a extenuación. A nova lexislación xa non permite ás mulleres ter oficio nin negocio algún e o abuso sistemático que acaba con elas no parto ou en «accidentes domésticos» son as súas principais causas de mortalidade. Para cumprir esa promesa, levou consigo ata Roma un secreto de familia nun caderno de veludo: a fórmula do Acqua Toffana, cuxa soa mención provocaría terror durante séculos. Científica, justiciera, madriña dunha rede de crime organizado feminino que se rebelou contra o Estado de Roma e considerada a primeira asasina en serie da historia, A Toffana resucita por primeira vez nesta impoñente novela histórica de suspense xudicial grazas á pluma de Vanessa Montfort e o despregamento narrativo que a caracteriza: uns personaxes memorables e unha trama apaixonante que reflexiona sobre o papel da muller, da familia e os perigos da vinganza e a violencia institucional, cuxa raíz brota nunha época de especial persecución ás mulleres que, en ocasións, non nos parece tan afastada.
Adultos/as