A vida secreta de Úrsula Bas / Arantza Portabales
por Portabales, Arantza 1973 [autor/a]
.
Tipo: 




Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Número de volume | Dispoñibilidade | Notas | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | CEIP Plurilingüe Irmáns Villar Sala préstamo | 82-N POR vid | Dispoñible | OEC012000000258 |
|
Dun día para outro e sen que saiba o motivo, desaparece unha escritora de sona. O seu home pon unha denuncia na comisaría de Compostela á que, logo dunha baixa prolongada, se acaba de reincorporar Santi Abad. Tras a resolución do “caso Alén”, o asasinato que pouco máis dun ano antes fixera abalar os alicerces do mundo da arte e da sociedade galega, o inspector Abad e Ana Barroso, ascendida a subinspectora, volven formar equipo. Logo do suceso obtido con Beleza vermella, Arantza Portabales pon outra vez en liza a problemática e inestable parella de policías. Amor e eficacia, intelixencia e desconfianza, paixón e violencia.
Cunha trama de ritmo e acción fulgurantes, A vida secreta de Úrsula Bas penetra, camada a camada, sen dó e cunha potencia narrativa engaioladora, na dobre vida dunha muller que se deixa arrastrar pola forza subxugante do descoñecido, pola atracción e misterio dun ser verdadeiramente perverso.
1º-2º BAC
Adultos/as